ASÍ EMPEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA!

Benvidos un ano máis á escola de Vilachán:
Este ano o comezo de curso foi moi axetreado; novos profes na aula, novos nenos, novos medos e intrigas, novas ubicacións dos espazos da aula, cambio de materiais... Por iso, decidimos tomarnos un tempo para empezar a coñecernos e decidir entre todos o funcionamento da nosa clase.
Durante as primeiras semanas aconteceron importantes sucesos e xuntos fomos creando o noso propio espazo (todo estaba en branco). Tivemos que actualizar as nosas fotos, recoñecer e decorar o nome dos nosos vasos para poder coller cada un o seu, pintar co dedo o noso mantel individual, pintar o nosa árbore das estacións...
 




Nos primeiros días tamén coñecemos a Musicón; o noso invitado veu para facer unha divertida Gymkana cun premio final. Para el, preparamos unha rica e abundante comida entre todos na zona de xogo simbólico dentro do recuncho da casiña, adiviñamos qué animal tocabamos sen poder velo, fixemos unha torre conxunta que dependía dun dado xigante, carreiras de trens, etc.



Pero non todo foi estar nas clases; no patio descubrimos que entre os nenos de Vilachán temos cazadores de arañas, construtores de pontes, buscadores de tesouros, transportistas de tellas, grandes chefs, escaladores, técnicos de mantemento de coches e motos, motoristas... e despois de tanto axetreo houbo quen tratou de conciliar o sono.






Agora, con  todos na clase, estamos a facer moitas cousas. Pola miña parte, estou encantada de vivir con eles este proceso, de aprender xuntos e tratar de mellorar. Moitas grazas a todos os que nos acompañades!

Estade moi atentos porque esta semana fixemos un regaliño moi especial e, tamén,  a nosa primeira obra de arte, aquí vos deixo un adianto!


Comentarios

Entradas populares