25 de mayo de 2018

VISITAMOS A RESIDENCIA DE TOMIÑO!

Este venres visitamos a residencia de Tomiño onde os avós pasan o día facendo diversas actividades.
Uns días antes, practicamos algunha das actividades que fariamos na residencia. Mirade que ben sabemos pintar as uñas.



18 de mayo de 2018

ASÍ VIVIMOS AS LETRAS GALEGAS!

Este ano, cada escola do CRA debía elexir un poema para escribilo nunha letra xigante. Tódalas escolas xuntas formarían as palabras "Letras Galegas" e a Vilachán tocoulle o G. Como no presente ano, as letras galegas están adicadas a Maria Victoria Moreno, pensamos en escribir un poema desta escritora, para así, coñecela un pouquiño máis.

26 de abril de 2018

COÑECEMOS A "ANTÓN COMODÓN".

O xoves voltamos de excursión. Nesta ocasión fomos ver unha obra de teatro que nos deixou marabillados a todos; pero vaiamos por partes. Saímos do campo do Alivio, lugar ata o que nos levaron as familias. A nai dunha das nosas compañeiras fíxonos estas fotos tan chulas de camiño ó bus (ímola nomear como a nosa fotógrafa de Vilachán).


25 de abril de 2018

TARDE DE CONTACONTOS!

Durante esta semana estanse a producir unhas sesións de contacontos na biblioteca do C.R.A. Aínda que estabamos algo cansos pola excursión ó río e o gran traballo na plantación, algúns d@s nen@s da  escola de Vilachán animáronse a escoitar os contacontos desta tarde.
Tiñamos como narradora á nai dunha das nenas da nosa escola e isto motivounos a todos a ir, para escoitala e pasar un bo momento xuntos. 

SAÍMOS DE EXCURSIÓN!

O mércores estivemos de excursión polo río da Pedra. Foi unha excursión moi esperada xa que, por mor do mal tempo, tivémola que cambiar varias veces. Ademais, fomos plantar algúns dos castiñeiros que tiñamos na nosa clase. En novembro do ano pasado puxeramos as castañas nos botes de leite; delas saíron os castiñeiros e xa estaban xigantes...



23 de abril de 2018

IMOS Á BIBLIOTECA DE VILACHÁN!

Hoxe, 23 de abril, festéxase o día do libro e, en Vilachán levamos tempo esperándoo pois tod@s saben que á profe encántanlle os contos... Que mellor maneira de festexar este día que acudindo a unha biblioteca. Por sorte, en Vilachán, temos unha biblioteca fermosa polo que, hoxe, fixemos a nosa primeira visita.

Cando chegamos á biblioteca, estaban alí os seus responsables e, moi amablemente, deixáronnos investigar todo o que teñen na biblioteca, preocupándose que de estiveramos ben. 
Nun primeiro momento miramos algúns contos e tamén probamos algúns xogos. A biblioteca é moi grande e teñen un montón de cousas; tanto para cativos como para maiores.




15 de abril de 2018

COMPARTIMOS XOGOS E XOGUETES!

Durante estes meses, chegaron a Vilachán un sinfín de xoguetes e xogos; estamos aprendendo a compartir non só as cousas que temos na clase senón tamén os nosos xoguetes da casa (que sempre é máis complexo). Neste tempo, coñecemos o xogo do "Doble" tendo que dicir que a persoa que o trouxo (X.) ten unha gran experiencia e gañou tanto a compañeiros como mestra...



1 de abril de 2018

SAÍDAS Ó HORTO!

Algo que nos gusta moito en Vilachán é saír ó horto cas botas de auga. Decidimos facer dúas pequenas plantacións durante o segundo trimestre. 
A primeiros de marzo, puxemos amorodos e, unhas cantas leitugas e cebolas. O que máis lles gustou foi poder sachar a terra ó seu antollo... o problema estivo en que non deixou de chover polo que prenderon todas as herbas que sachamos.



22 de marzo de 2018

IMOS Ó PARQUE DE BOLAS!

Xusto antes de marchar de vacacións de semana santa, fixemos unha excursión moi desexada a Indiana Bill. O parque de bolas era algo moi comentado nas asembleas da aula polo que o pasamos xenial na excursión. 
Houbo quen entrou disparado para subir por todos os tobogáns pero, inclusive os máis arriscados, chamaron pola profe para subir "ó tobogán dos maiores".