A NOSA RECEITA MÁXICA
Esta receita fíxose esperar e durante moitos días tivemos que buscar os ingredientes que precisabamos na tablet. Despois de moitas premisas e variadas opcións descubrimos que tiñamos que facer Piruletas de Outono, polo que decidimos poñernos mans á obra. A profe ía lendo os pasos da receita e nós fixémola ó completo.
Primeiro troceamos o chocolate en cachiños pequenos para metelos nunha taza e botámoslle leite para que derretesen no microondas.


Repartimos chocolate para que todos lle chegasen, pinchamos un cachiño de
plátano, mollámolo no chocolate e mergullámolo nos cereais (decidimos cambiar a
opcións dos froitos secos por cereais, que nos gustan moito máis).

O resultado final aquí o tedes... chocolate por todas partes, barrigas cheas e roupa para ir directamente á lavadora (sentimos este último desastre).


O resultado final aquí o tedes... chocolate por todas partes, barrigas cheas e roupa para ir directamente á lavadora (sentimos este último desastre).

Comentarios