CONVERTÉMONOS EN RENOS!

Sí, sí.. o que estades a escoitar; en decembro todo pode pasar e un día saímos da clase sendo verdadeiros renos... nesa xornada a profe leunos un conto dun reno e, na merenda, convertemos un queixiño nun reno. Precisamos queixo, un lacasito, pepitas de chocolate e galletas... con iso e imaxinación fixemos os nosos renos... ó final houbo quen cambiou de opinión e dixo que o seu era un touro.



En canto a nós, pintámonos un nariz de cor vermello e as nosas mans convertéronse por uns intres en cornos.


Así empezamos a facer a nosa tarxeta; unha tarxeta que, ó igual co conto, era máxica pois a súa portada cobraba vida. Desta maneira cada quen viu como o seu debuxo se levantaba da folla e bailaba cun bastón. 


Comentarios

Entradas populares