MASTERCHEF EN VILACHÁN!

Co ben que o pasamos todos cociñando, non podiamos despedir o ano en Vilachán sen facer unha receita... neste caso, chegaron as galletas. Pasámolo en grande e probamos a masa en tódalas suas fases (Sí, sí... de principio a fin).







Para dicir toda a verdade.. quedaron moito máis bonitas que ricas. Ó certó é que estaban algo duras.. polo que no último día de clase todos tiñan claro o que preferían tomar na merenda, aínda que todos probamos as galletas. Seguiremos probando as nosas dotes na cociña no vindeiro ano.




Ademais tivemos tempo para o baile e tamén para axudarnos entre nós, cando alguén non pode colocar o zapato sempre chega outr@ para axudarlle. 



Comentarios

Entradas populares