UNHA NOVA HISTORIA!

En Vilachán decidimos facer unha obra de arte xigante... estivemos moi atarefados e aproveitamos cada pequeno momento para facer algunha parte da nosa obra. 

Empezamos polo ceo facendo nubes de algodón e un gran sol de sal... encántanos probar todo o que ben á clase (de forma literal o digo).






O venres 23 de novembro falamos sobre a violencia de xénero e tamén descubrimos a cor violeta. Nunha man botamos un pouquiño de azul, na outra vermello e.. o resultado final foi violeta. Ademais, as nosas pegadas convertéronse nos paxaros (liberdade) do noso mural.



Xoel ofreceuse a facer as ramas da nosa árbore, na que ademais pegamos follas de cores e un corazón (tiñamos moi preto o incendio que asolou Galicia).

Para facer a herba, utilizamos un cepillo de dentes usado e tamén fixemos os nosos retratos.

 Os comentarios que xurdiron durante as produccións, transformaron o mural nunha pequena historia simultánea: Un neno (N.) enfadado pero consolado por outro dos seus amigos (P.), unha nena (L.), ca súa variña máxica, consegue que os seus amigos suban polos raios de sol...

Comentarios

Entradas populares