DE VOLTA EN VILACHÁN!
Voltar as rutinas cotiás despois dun verán de descanso e diversidade espacial resulta chocante; por sorte, o bo tempo fixo que puidésemos disfrutar un pouco máis de xogos con auga, sol e charlas nas toallas.
Nestes primeiros días, nos que chegaron 3 persoiñas moi especiais, aproveitamos para recordar/coñecer cómo funcionaremos durante o curso escolar.
Desta forma, coñecemos os momentos diarios da asamblea, do reparto de responsabilidades, da hixiene bucal, da relaxación, das dinámicas ou da canción-conto-pdi.
Tamén coñecemos algunhas propostas que serán dadas durante o curso para atender o proxecto, as estacións, os intereses que xurdan, etc. Nestes primeiros momentos aproveitamos para facer un percorrido sensorial, ambientamos a nosa escola, descubrimos que ocorre cando pintamos con cor branca sobre unha folla branca, etc.
Ademais, disporemos de tempos nos que cada un/unha de nós escollerá que facer segundo as súas preferencias momentáneas.
Comentarios