COÑECEMOS ANIMAIS MARIÑOS!

Nestre trimestre tivemos ocasión de observar moitos animais mariños en diferentes contos, descubrimos novos nomes, fixemos con masa de sal figuras mariñas, etc.


Ademais disto, investigamos en profundidade sobre os pepinos de mar. Cando descubrimos o nome destes aniamis, o primeiro que mencionamos foi a súa similitude cos pepinos (planta). Despois de coñecer algúns aspectos sobre a alimentación e rutinas destes animais mariños, na clase decidimos probar os pepinos vexetais. Houbo quen os quixo probar cun pouco de limón.



Neste trimestre investigamos tamén sobre os "erizos" de mar, descubrindo, entre outras cousas, que algúns poden ser velenosos. Ademáis, fixemos o noso propio "erizo" de mar con moita paciencia.


Tamén coñecemos certas características das "estrellas" de mar. Neste caso, empregamos periódicos e cola para facer a nosa estrela mariña. Tivemos que rasgar papel, añadir pouquiña auga, eliminar a auga sobrante, añadir unha culler de cola e mesturar, e colocar a mestura nunha estrela de cinco puntas por ser das máis comúns. Unha vez estiveron secas, cada un pintou a súa estrela da cor que preferiu.








Comentarios

Entradas populares