EXPERIMENTAMOS CO OUTONO!

Durante a estación do outono, foron chegando á aula, en diferentes momentos, certas froitas que tivemos que investigar. Empezamos coñecendo as uvas, probándoas e facendo zume con elas. Tamén observamos a diferenza de sabor entre o zume que nós obtivemos e o zume mercado.

Coñecemos as castañas e os ourizos (vinculando estes últimos co noso proxecto do mar), falamos das bellotas e tivemos moi presentes as noces (aínda que destes últimos froitos falamos a diario en Vilachán). Tamén fixemos batido de pera empregando a batidora. 


Cando chegaron as granadas á clase, pensabamos que se trataba de tomates ou cebolas. Nun primeiro momento, atendemos a súa flotabilidade e, despois, cando as cortamos pola metade, descubrimos que non eran nin tomates nin cebolas. Ó probalas, moit@s descubrimos que estaban boísimas e xa houbo quen as incluiu na súa merenda dos mércores. Os arándanos e as frambuesas chegaron durante dous aniversarios e foron probados por case tod@s.


Uns días antes de rematar o outono, fixemos un debuxo das froitas que estivemos a investigar, contabilizamos o número de froitas que había de cada tipo e decoramos o film en vertical. 





En Vilachán disfrutamos moito deste outono; sobre todo no patio, no que recollemos e cambiamos follas dun sitio a outro, facendo unha gran alfombra de follas na casiña. 


Comentarios

Entradas populares