CHEGAN OS SENTIDOS!

Ademais das partes do corpo, un vídeo predispúxonos a coñecer os sentidos. Cada día foron chegando diferentes sentidos á clase e, para poder pasar as probas, tiñamos que pensar no sentido necesario a empregar.

Fixemos o retrato da nosa cara e, empregando o sentido da vista, observamos como quedaba en 3D; o noso debuxo saía do papel ca tablet!




Para coñecer o sentido do oído chegaron uns botes, cada un facía un son polo que collemos cada quen un bote. Despois de escoitalos, houbo quen se percatou de que había nen@s con botes que tiñan os mesmos sons; así empezamos a facer parellas de sons. 



Co sentido do olfato chegaron botes de olores, había algúns que ulían moi ben pero outros non nos gustaron nada (canela, chourizo). Entre todos identificamos cada un dos olores e mesmo os colocamos ca súa parella; así descubrimos o olor do café, da auga e... aínda que nos levou un pouco máis, tamén adiviñamos o olor da canela. 

 


Á clase tamén chegou o sentido do gusto e, con él viñeron moitas sensacións. Descubrimos que o azucre e a nocilla son doces e gustáronnos moito pero, pola contra, o sal é moi salgado.



Tamén probamos un limón descubrindo que estaba moi ácido... as nosas caras e reaccións dixérono todo. 




Probamos galletiñas saladas, napolitanas e bebemos por unha palliña un zume (parecía de mazá pero pronto descubriron que era de limón e que estaba igual de ácido que o limón).




Pero sen dúbida algunha a sorpresa chegou co chocolate... despois de tanto experimentar, estabamos seguros de que o chocolate era "dulce"; eso sí que nos gustaba polo que collemos un bo pedazo... o problema estivo en que o chocolate era chocolate negro 90% e estaba moi amargo polo que algúns quixeron escupilo e outros tomárono por compromiso.

Finalmente chegou o sentido do tacto e, con el, descubrimos obxectos duros, brandos, suaves, ásperos, rugosos e lisos... tamén chegou Gastón Cabezón para pasar uns bos momentos con el (como a profe é un pouco desastre cas fotos esqueceuse de facelas).



Comentarios

Entradas populares