Ir al contenido principal

Entradas

Destacados

DESPEDIMOS O ANO EN VILACHÁN!

No último mes do ano chegaron os códigos Qr. Cada día tiñamos que resolver unha determinada proba a través dun código Qr oculto tralo día no que nos atopabamos. A Patrulla Canina axudounos a solucionar estes retos e, ademais, descubrimos a raza de cada un dos membros destes queridos debuxos.  Neste mes, chegou a árbore dos desexos. Primeiro tivémola que decorar e, despois, cada un/unha pensou nun desexo ca condición de que non podía ser algo mercado. No penúltimo día do ano en Vilachán, fixemos uns pinos con cornetes de xeado. Tivemos que cortar e tinguir chocolate blanco e tamén decorámolos como quixemos.  O xoves decidiron "hacer todos los puzles de clase y colocarlos juntos". No momento da merenda, enchemos os cornetes de nata, fixemos un bonito bosque e degustamos as nosas creacións. Rematamos este día tomando as "uvas" na clase para despedir o ano.

Entradas más recientes

INTERESÁMONOS POLO MAR!

EXPERIMENTAMOS CO OUTONO!

COÑECEMOS ANIMAIS MARIÑOS!

COÑECEMOS O NOSO CONTORNO!

ALMORZAMOS NA ESCOLA!

UNHA OPORTUNIDADE: SOS TOMIÑO

PREPARAMOS O HORTO!

UNHA SEMANA MONSTRUOSA!