E POR FIN CHEGOU...

Chegou decembro e con el empezaron a cambiar as cousas na aula.. O encargado da asamblea levaba un look especial.




Tamén tiñamos que recordar ben o día no que nos atopabamos porque o encargado debía buscar, no calendario de chocolates, o número co día que era para poder comelo.




Ademais empezamos a decorar a nosa clase gracias á familia de Pablo. Eles trouxéronnos un montón de obxectos decorativos e mesmo un pino para a clase.

A Pablo fíxolle moita ilusión ensinarnos todo o que contiñan as bolsas e xuntos puxémonos mans á obra para deixalo todo decorado.



Pero non só decoramos... cando rematamos, ocupámonos de deixar todo como estaba. Ata houbo quen quixo coller a  escoba e mais a fregona.



Para continuar decorando a clase, a profe trouxo unhas fotos de todos nós, e cada un foi colocándoas e pedindo un desexo, así o noso pino converteuse no pino dos desexos.






Comentarios

Entradas populares