NOMEAMOS AS PARTES DO NOSO CORPO!

Fai uns meses, en Vilachán, fixéronse moi populares varias cancións sobre as partes do corpo (cantabámolas despois do recreo para sacudir os kilos de area que viñan connosco antes de entrar na clase). Este interese levounos a crear a silueta do corpo e colocar sobre ela cartóns de papel nomeando as partes que estabamos a colocar... e, como o noso amigo, estaba moi apagado decidimos darlle algo de cor.




Unha vez listo, eleximos unha parte do corpo, pensamos nas letras que tiña esa palabra, collemos a tarxeta das letras iguais e colocámola no lugar que lle correspondía.


Con tesoiras e moita maña, fixemos o puzle do noso corpo ó estilo Warhol e buscamos xuntos cada unha das palabras que nomean as partes do noso corpo. Tivemos que ter paciencia, pero conseguimos atopar cada palabra ca axuda da silueta xigante e pegámola no seu lugar.



Tamén aproveitamos para facer uns retratos fantásticos, fixémonos con plastilina... pero o que máis nos gustou foi o baile!

Comentarios

Entradas populares