Visitamos a escola de Vilameán

O mércores 29 de novembro fomos de excursión a Vilameán para celebrar crearte. Estivemos cos nenos e nenas das escolas de Figueiró e Forcadela, cas súas profes e ca nosa profe Betlem. Empezamos a mañá con moita marcha  pero, cando chegou o momento, todos estivemos moi atentos á explicación do que ibamos facer. 

Entre todos os nenos e nenas pintariamos un cadro xigante, o cadro da "árbore da vida"... ata houbo quen se animou a ensinarnos onde estaba esa árbore. 
 








Despois de estar moi ocupados decorando círculos cas outras profes aínda nos quedaron ganas de probar a calmarnos con rolos de papel e mesmo decidimos pintalos. 




Ó rematarmos deixamos todo ben limpiño... cando se trata de axudar, sempre estamos dispostos. 


Tras tanto traballo chegou o momento da merenda e despois... o patio!! En Vilameán teñen un patio enorme, e con moitas cousas. Os nenos e nenas de Vilachán tivemos moi claras as nosas preferencias dende que o pisamos.





Para rematar, ó voltar para a aula, aínda houbo quen tivo enerxía para pegar os círculos no cadro e, mentres tanto, a profe Betlem axudounos a quedar ben relaxados.


Así de guapos rematamos a xornada grazas a ela. Foi un día moi axetreado pero pasámolo xenial.  





Comentarios

Entradas populares