CHEGOU A NEVE A VILACHÁN!

Moito falamos do inverno, do frío, da roupa que levamos para abrigarnos e, mesmo tivemos unha chea de arrefriados na escola de Vilachán, pero a neve nin a ulimos. Non houbo forma de que nevase por aquí (e non será por ganas nin polas veces que falamos da posibilidade...).

Así que se non neva fóra, facemos neve dentro de clase. Sí, como o escoitades; en Vilachán fixemos neve artificial e, sen dúbida, cautivounos a todos. 


 Pasámolo xenial creando pequenos anacos de "neve" e engadindo auga ós poucos ata acadar a textura desexada.. e ó rematar fixemos bonecos de neve.


Comentarios

Entradas populares