TIVEMOS INTRUSOS NA CLASE DURANTE AS VACACIÓNS DE NADAL

Á volta do nadal viñemos todos moi contentos e cas pilas recargadas. E, nada máis chegar á clase, descubrimos que alguén pasara por aquí para deixarnos uns regaliños... con moita ilusión abrimos cada paquete e pasamos o día entre anécdotas de nadal, conversacións de agasallos nas casas e intentos de probar todo o que chegara á aula. 









 
Ademais, nestes días fixemos unhas verdadeiras obras de arte, onde cada un improvisou e colocou a la ó seu xeito. 



E tamén nos decidimos a indagar sobre as laranxas. Ulímolas, observamos as súas características, probámolas e tamén as exprimimos para acabar tomando o seu zume. Gustounos tanto a experiencia que decidimos repetila. 





Comentarios

Entradas populares