IMOS DE VIAXE!

Fai uns días estivemos de viaxe... sí, sí; fomos de excursión a Goián para ver un contacontos. Viñeron os nenos de Carregal e Taborda e, en Vilachán, subimos ó autobús. Os momentos no autobús foron os máis divertidos de todos.. e ibamos todos ben sentadiños! Mirade, mirade!!







Cando chegamos a Goián recordamos que xa estivéramos aquí facía pouco tempo e vimos ós autobuses que traían ó resto de nenos e nenas do C.R.A. Somos moitos!



Unha vez dentro, escoitamos os contos moi caladiños... a verdade é que se portaron xenial e a profe Cristina está moi orgullosa de tod@s!



Máis tarde voltamos de novo para Vilachán e, xa na nosa escola, destinamos o resto da xornada á merenda e ó patio. Nel houbo tempo para o xogo e mesmo para escribir algún nome!

Comentarios

Entradas populares