INVESTIGAMOS ÓS ANIMAIS DAS ZONAS FRÍAS

Vai un tempo, na asamblea, un dos nenos de Vilachán falounos dos osos polares; este feito, unido ó noso gran interese polos animais, fíxonos comezar a investigar sobre os que habitan nas zonas frías do polo.


Investigamos na nosa PDI sobre os osos polares, os pingüíns, as focas, as orcas ou as morsas descubrindo que, os osos polares teñen a pel e o pelo de cores diferentes, os pingüíns eran coñecidos como "paxaros bobos" ou que os "colmillos" das morsas permítenlles agarrarse ó xeo. 

Neste tempo completamos poesías, pintamos con témpera líquida unha paisaxe invernal, fixemos ós animais cas nosas mans, xogamos a completar un sudoku... velaquí algunhas das nosas actividades.








Comentarios

Entradas populares