OS XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO CHEGAN A VILACHÁN.

Nunha das nosas asambleas, un dos nenos de Vilachán, contounos que se ían festexar os xogos olímpicos. Moitos non sabían que era iso dos xogos olímpicos polo que N. explicou de que se trataba. Deste interese, xurdiu unha nova investigación na nosa clase e adentrámonos un pouquiño nos xogos olímpicos. Investigamos no ordenador sobre os xogos e mesmo aprendemos con Pocoyó. Tamén, coñecemos a bandeira dos xogos olímpicos e fixémola empregando círculos pequenos e grandes. 




Uns días despois, descubrimos que Regino Hernández participou nos xogos pola modalidade de snowboard, coñecemos o significado da palabra, observamos a súa disciplina na PDI e vimos como acadaba a medalla de bronce.

Froito do interese que suscitou este deporte durante os seguintes días, a profe prometeu que cando nevase en Vilachán fariamos snowboard no patio pero polo momento decantámonos por facer as nosas propias medallas e concederllas a cada nen@ falando sobre algunhas das súas virtudes. 






Comentarios

Entradas populares