UNHA SEMANA ESPECIALMENTE DIVERTIDA!

A semana do entroido foi unha semana moi agardada por todos en Vilachán. Cada día tivemos que ler o cartel de Musicón para saber que tiñamos que facer ó día seguinte. Durante esta semana trouxemos algo na cabeza, viñemos en pixama, pintamos a nosa cara...







Ademais, tamén probamos as orellas de entroido e mesmo fixemos bailes; pero o que non faltou na clase en todo momento foron os abrazos, abrazos de moitos tipos. 




Neste tempo coñecemos tamén a obra de Diego Velázquez "Las Meninas" para disfrazarnos de personaxes do cadro o venres de entroido. Traballamos moito pintando a cruz e a paleta de cores do pintor e tamén decoramos o disfraz das meninas entre todos.. tivemos moito traballo e moita, moita paciencia pero o resultado foi marabilloso. Grazas familias pola vosa axuda nos disfraces. 





Para ver o resultado de tanto esforzo, teredes que ler a próxima entrada... 

Comentarios

Entradas populares