E DE MERENDA TEMOS... PINGÜÍNS!

Tal e como ledes, á merenda de Vilachán chegaron os pingüíns; pero non os de verdade, fixémolos nós na clase e gustáronnos moito.

Para poder comelos, buscamos que precisabamos cos códigos QR, pelamos un plátano, aproximámonos ó concepto de "metade" e cortamos o plátano cun coitelo, mollamos a punta en chocolate e colocámoslle pés, ollos e mesmo un nariz. 



O mellor de todo foi a degustación tralas nosas composicións xa que os pingüíns estaban boísimos e todos quixemos repetir.



Familias, moitas grazas pola vosa participación!.

Comentarios

Entradas populares