ASÍ VIVIMOS AS LETRAS GALEGAS!

Este ano, cada escola do CRA debía elexir un poema para escribilo nunha letra xigante. Tódalas escolas xuntas formarían as palabras "Letras Galegas" e a Vilachán tocoulle o G. Como no presente ano, as letras galegas están adicadas a Maria Victoria Moreno, pensamos en escribir un poema desta escritora, para así, coñecela un pouquiño máis.

 Atopamos un poema chamado "naceron" e, como en Vilachán adoramos os animais, e nestes días un dos nosos nenos (R.) nos ten falado moito de cans, decidimos escoller este poema. Primeiro vimos o libro e lemos o poema; houbo quen quixo axudar co título.
Para facelo máis ameno, utilizamos pictogramas, expresando así con imaxes algunhas palabras do poema. Gústanos participar a todos polo que cada un encargouse dunha liña.






Como tiñamos espazo dabondo, incluimos un debuxo inspirándonos no ilustrador Manolo Uhía, quen ilustrou os poemas do libro EU CONTO, TÍ CANTAS... e, cada un debuxou a "Nicolau" tal e como o pensaba. Así quedou a nosa letra G.


Tamén tivemos que facer un slogan. Á aula chegou unha nova palabra galega que non coñeciamos: "espráiate". Entre todos pensamos qué podería significar. Un dos nenos (M.) dixo que "botar spray  cun bote". Vimos no diccionario que significa "divertirse" ou "enchelo todo de" polo que retomamos a idea de M. e "Espraiámonos co Galego". O final non foi o pin elexido pero o deseño quedou xenial!



Ademáis de todo isto, preparamos dous bailes cos nenos de Seixo 1 para festexar as Letras Galegas na escola de Aurora. Pasámolo xenial e as cancións quedaron moi bonitas. Dende aquí damos as grazas á profe Maribel polas fotos que nos sacou durante a actuación!




Tralas actuacións, os avós da residencia de Tomiño regaláronnos uns carballos nun bote que pesaba moitísimo; viñan cunha frase que limos entre todos. E despois, tamén tivemos ocasión de xogar e divertirnos no seu patio.


Para finalizar a xornada, fixemos unha carreira solidaria para a que nos levavamos preparando dende facía días.














Comentarios

Entradas populares