UNHA SEMANA MONSTRUOSA!

Adicamos as últimas dúas semanas de outubro a prepararnos para o festexo do Samhaín, coñeciamos algunhas cousas desta festividade pero aproveitamos para descubrir outras novas. 

Empezamos cun debuxo no que cada un/unha expresou os seus pensamentos sobre os monstros. Atendemos a súa apariencia física pero tamén compartimos o que pensabamos da súa personalidade. Neste día tratamos de empezar a perderlle o medo ós personaxes relacionados co Samhaín e, para iso decidimos facer e comer un monstro; mirade que simpáticos quedaron.




Investigamos, tamén, sobre as momias e os zombies no ordenador, coñecemos un novo conto e, na hora de merenda, cortamos e fixemos unha momia co noso sandwich. 


O mércores chegaron as cabazas. Puidemos probalas, pois moitos de nós nunca as tomaramos antes, pero, sen dúbida, o que máis nos gustou foi a crema de cabaza. Este día mesturamos cores para obter o laranza e pelamos mandarinas para diseñar a nosa terrorífica cabaza. 



O xoves as arañas chegaron a aula sen pedir permiso. Grazas a Tolola perdémoslle o medo a estes inxeniosos artrópodos e descubrimos características dos mesmos (teñen sete "rodillas" en cada pata). Neste día fixemos unha araña moi simpática, colocamos xeonllos nas súas patas e comemos unha rica araña. Ademais, para rematar a xornada, a profe Lorena contounos un conto en inglés dunha bruxa que tiña os mellores amigos do mundo.

O venres acabamos de investigar sobre arañas e telarañas e, tamén aproveitamos para facer e comer unha rica telaraña.


Chegou o luns, e con él apareceron os ósos e as caveiras. Neste día descubrimos o nome dalgún óso, fixemos unha caveira e probamos os ósos de Santo. 


Rematamos o martes, facendo unhas ricas galletas de chocolate con formas terroríficas e tratando de perder o medo pintando as nosas caras; a pesares de ter unha apariencia diferente, nós eramos @s mesm@s de sempre. 

O mércores, despois de todo o aprendido, disfrutamos dunha gran festa en compaña dalgunhas mamis e dun avó que puideron pasar parte deste día con nós. Tivemos que preparar a nosa propia merenda, apareceu algún doce extra que fixo a familia de Paula (moitas grazas) e, as mamis presentes e a profe Natalia, conduciron uns talleres terroríficos que fixemos na aula. A pesar do mal tempo, e dalgún gran susto, foi un día no que o pasamos xenial.





Moitas grazas por acompañarnos.


Comentarios

Entradas populares