ALMORZAMOS NA ESCOLA!

Un bo almorzo é necesario para comezar o día con enerxía. En Vilachán estivemos facendo unha pequena investigación sobre os nosos gustos e descubrimos que cada un ten preferencias diferentes.

A idea de almorzar tod@s xunt@s na escola xurdiu dende vai tempo pero escollemos esta semana por ser o momento no que participamos na iniciativa "Dalle de almorzar a outr@ nen@".

Entre tod@s colocamos as galletas nas bandexas correspondentes segundo fosen rectangulares ou circulares, cortamos as barras de pan, botamos o leite da botella á xarra para quentalo e da xarra ás cuncas, estendemos manteiga e/ou marmelada nas tostadas, etc. Houbo quen quixo probalo todo!



Pasámolo moi ben almorzando tod@s xunt@s e, sen dúbida, non volverei a ter un almorzo tan longo coma este xa que vivimos o momento cunha gran calma.


Comentarios

Entradas populares