INTERESÁMONOS POLO MAR!

Tralas nosas primeiras conversacións sobre o mar, chegamos á conclusión de que neste hai moitísimas cousas para investigar. Hai "animales que viven en el mar" (nomearon moitos deles), "barcos diferentes, olas, algas...", tamén houbo quen dixo que "hubo naufragios" ou "piratas". 
Durante este curso trateremos de investigar sobre o mencionado nestas primeiras conversacións e sobre outros intereses que xurdan posteriormente.

Tendo esto en conta, empezamos investigando sobre os piratas. A través de varios mapas da nosa clase (que chegaron misteriosamente) tivemos que resolver diferentes probas para conseguir tesouros escondidos. Desta forma, ó tempo, descubrimos materiais existentes en diferentes espazos da aula.

Decidimos ser piratas tralo conto de "Daniela pirata" polo que investigamos que vestían os piratas para facer os nosos propios traxes, coñecemos onde vivían e porque, a que se adicaban ou que comían. Tamén aproveitamos para facer unhas ricas galletas; sabiamos que os piratas comíanas ata con vermes, pero, no noso caso, estaban moito mellor pois os vermes eran de gominola. 






Tamén pintamos o mar con rodillos e pinceis. Neste mar cada nen@ ten unha botella e ás veces chegan mensaxes con probas que temos que resolver (grazas profe Natalia por preparar estas esperadas mensaxes).


En consonancia con esta temática, empezamos a preparar unha canción que, en Vilachán, gustou moitísimo (grazas familias por poñela na casa, o voso agrado aumentou o noso interese). Cando "Mensajes del agua" chegou a Vilachán, o que máis lles chamou a atención foi o sobrenome do seu cantante "Macaco".
Despois de escoitala nun par de ocasións, unha "mariquita" axudounos a saber qué dicía a letra desta canción. 


Ademais disto, coñecemos as capas do mar e o motivo das diferentes cores, investigamos porque se forman as ondas do mar e coñecemos ó pintor Lugrís. 




A profe Natalia propúxonos crear un puzle entre tod@s e ensinounos que a imaxe obtida forma parte da obra "mariña surrealista" do pintor.


Comentarios

Entradas populares