EMPAPÁMONOS CA VENDIMA (LITERALMENTE)

Durante estas últimas semanas, en Vilachán, estivemos moi ocupados. Cas merendas d@s nen@s chegaron as uvas e o seu interese por elas, polo que non quixemos desaproveitar este momento de aprendizaxe. Estivemos investigando sobre a vendima no ordenador e vimos un conto moi divertido do que empezamos a aprender.

Pero a facer zume, apréndese facendo, polo que a nosa clase chegaron racimos de uvas que tivemos que separar, esmagar, coar e... como non, probar. 

Tamén, para seguir coñecendo a vendima, fixemos os nosos propios racimos de uvas, tanto con pintura coma con gomets, saímos a buscar follas  e pintámolas cas cores do outono, e fixemos a nosa cepa.

Para rematar, fixemos fincapé nalgunhas das palabras que traballamos neste tempo, e pasados uns días, cada un de nós escolleu unha palabra e pegouna na parte correspondente. 

Comentarios

Entradas populares