VISITAMOS A RESIDENCIA DE TOMIÑO!
Este venres visitamos a residencia de Tomiño onde os avós pasan o día facendo diversas actividades.
Uns días antes, practicamos algunha das actividades que fariamos na residencia. Mirade que ben sabemos pintar as uñas.
Ademais, levámoslle un regaliño ós avos que fixemos entre todos. Estivemos recortando corazóns e, en cada un, escribimos o nome dos señores que visitan a residencia. Como había algún neno que non podía ir á excursión, non soubemos que se trataba dos nomes dos avós ata o mesmo día no que entregamos o regalo.
O venres, empezamos a xornada na Casa da Cultura facendo xogos, bailes e cancións. Despois dirixímonos á residencia e alí, coñecemos a algúns dos seus membros. Nun primeiro momento, falamos con eles nunha sala principal, comentamos algunha noticia do periódico e démoslle unhas felicitacións que tiñamos para 2 avós que cumprían anos no mes de maio.
Despois dividímonos por grupos e coñecemos algúns dos talleres que realizan. Nós tamén nos puxemos mans á obra e axudámoslle a clasificar produtos, coñecemos como se relaxan e fixemos masaxes, peiteamos e pintamos uñas, etc.
Para rematar a xornada, entregámoslle o noso agasallo; buscamos nel o nome da persoa a quen llo entregamos. E atopámolo!
Comentarios