UNHA GRAN VISITA CHEGA A VILACHÁN!


Fai unhas semanas, recibimos unha visita que nos gustou moito. Veu a vernos a nai de Vera; ela este ano xa non se atopa no cole, vai ó cole dos maiores.
A nai de Vera trouxo para a nosa escola uns xoguetes que xa non utilizan e ós nenos fixéronlle moita ilusión.
O luns pasado estivémolos vendo de forma detida e descubrimos que podemos facer moitas cousas con eles. 

Dende a escola queremos dar as grazas á familia de Vera por pensar en nós e compartir unha parte importante dela.
Sabemos que os primeiros momentos no cole novo son complicados porque temos que enfrontarnos a moitas novidades e todo é descoñecido pero estamos seguros de que a Vera lle vai ir moi ben.  Para axudarlle a que sexa un pouco máis sinxelo cada neno fíxo un debuxo para Vera e adicoulle unhas palabras. Tamén puxemos o seu nome utilizando o propio corpo.





Vera todos os nenos acórdanse moito de tí. Vide pronto a vernos, estamos agardándovos!

Comentarios

Entradas populares