UNHA INVITACIÓN, UNHA RESPOSTA E... MOITO PARA FACER

A semana pasada recibimos unha invitación (esta vez en forma de carta) que nos fixo moita ilusión. Iris invitounos á biblioteca do cole e nós non podíamos negarnos, polo que decidimos apuntarnos todos os que queremos vivir esta nova experiencia. 




Ademais, en Vilachán seguimos traballando moito; empezamos facendo a nosa primeira gran obra de arte á que titulamos "Os amigos" (con ela viñeron grandes promesas para este curso). Nestes días estreamos as botas de auga (momento moi desexado por toda a clase), fixemos a última recolecta do horto, tivemos que clasificar tomates para saber cáles podíamos comer e cáles non, repartímolos de forma xusta, etc. Tamén fixemos xogos grupais no ximnasio, saímos a coller follas e algún froitos que temos no patio, xogamos cos froitos e os números, estampamos follas en pintura…pero para ver o resultado final, teredes que esperar un pouquiño máis.







Grazas pola vosa colaboración a tod@s. Vémonos pronto!




Comentarios

Entradas populares