UNHA SEMANA TERRORÍFICA


A semana pasada arracancamos o Samhaín moi ledos e con grandes noticias, a familia de Pablo trouxo unhas bruxiñas e unha casa do terror preciosa para decorar a clase. A todos lles gustou moito ver o bonitas que estaban sobrevoando a aula… e a Pablo fíxolle moita ilusión ensilas. Moitas grazas por este gran detalle que nos gustou tanto a todos.


En Vilachán, para coñecer de cerca esta tradición do Samhaín e seguir ambientando a nosa clase, tivemos que tomar decisións.
Cada día eliximos ¿truco ou trato?.. Eles tíñano claro... pero para chegar ós tratos tivemos que traballar duro.


Á clase chegaron as pantasmas, das que tivemos que comparar siluetas para atopar iguais e colocarlles algodón. Ademais chegaron 10 pantasmiñas moi simpáticos á asamblea con canción e castelo propio.


Pero para castelo bonito, o que pintamos entre todos na clase. Decidimos facer turnos de pintura rápida. 

Chegaron tamén os monstros, con diferente número de ollos, a bruxa Brunilda e o seu gato Bruno (conto no que vimos de novo o castelo de cores), os morcegos, que chegaron para quedar na clase un pouco mais, e as cabazas… tendo que pintar unha enteira cos monstros que eliximos.











Comentarios

Entradas populares