COMPARTIMOS XOGOS E XOGUETES!

Durante estes meses, chegaron a Vilachán un sinfín de xoguetes e xogos; estamos aprendendo a compartir non só as cousas que temos na clase senón tamén os nosos xoguetes da casa (que sempre é máis complexo). Neste tempo, coñecemos o xogo do "Doble" tendo que dicir que a persoa que o trouxo (X.) ten unha gran experiencia e gañou tanto a compañeiros como mestra...




Ademáis, tamén coñecemos o xogo do abremente, un dos primeiros xogos compartidos que nos fixo atender a diferentes habilidades (P.) ou un axedrez; regalo de aniversario de R., e quen miraba para o xogo con especial cariño.



Noutra ocasión H. compartiu o seu xogo de mesa de animais en inglés, desatando así o interese polos xogos de mesa, X. compartiu o seu ordenador de letras, R. trouxo a súa peonza e M. ensinounos un regalo moi especial, a súa guitarra e, como dixo el, "a puga". 


Ademais, chegou á aula o "slime" con X. e P. Trátase do novo interese entre os cativos e a todos lles encantou tocar e modelar esta pasta. 


Á clase chegou tamén Luis, "Sin nombre" e o amigo de sin nombre, Abril, varias Noas e algunha Naroa, sereas, peites e colonias, e moitos coches e motos. Pero ademais de compartir xoguetes, P. animouse a traer un dos seus álbumes de fotos e compartiu connosco moitos momentos especiais, amosándonos como foi cambiando co paso do tempo. 


 Moitas grazas por compartir con nós todas estas cousiñas que xeran grandes momentos!

Comentarios

Entradas populares