SAÍDAS Ó HORTO!

Algo que nos gusta moito en Vilachán é saír ó horto cas botas de auga. Decidimos facer dúas pequenas plantacións durante o segundo trimestre. 
A primeiros de marzo, puxemos amorodos e, unhas cantas leitugas e cebolas. O que máis lles gustou foi poder sachar a terra ó seu antollo... o problema estivo en que non deixou de chover polo que prenderon todas as herbas que sachamos.





A finais de marzo, voltamos de novo ó horto; nesta ocasión escollemos entre poñer tomateiras, cebolas ou leitugas. Cada quen puxo unha e houbo quen quixo plantar máis dunha. De novo, seguiu a paixón polo sacho pero esta vez tivo unha gran opoñente; a regadeira. 



Se vos acercades ó horto, non reparedes nas herbas, por sorte non só prenderon elas senón tamén todas as plantas que puxemos.

Comentarios

Entradas populares