SAÍMOS DE EXCURSIÓN!

O mércores estivemos de excursión polo río da Pedra. Foi unha excursión moi esperada xa que, por mor do mal tempo, tivémola que cambiar varias veces. Ademais, fomos plantar algúns dos castiñeiros que tiñamos na nosa clase. En novembro do ano pasado puxeramos as castañas nos botes de leite; delas saíron os castiñeiros e xa estaban xigantes...




Empezamos a mañá paseando para coñecer a zona e, rapidamente, puxémonos mans á obras plantando dúas árbores por aula. Tivemos varios técnicos de nivelación polo que quedaron ben dereitos; pero, ademais, todos participamos cas nosas pas nunha das dúas plantacións. 



Trala plantación, tivemos tempo de descansar un cachiño e, tamén, de facer equilibrios sobre uns paus que atopamos no camiño.



Antes da merenda, o profe Jose e o profe Antón invitáronnos a participar en dous xogos e divertímonos moitísimo cos nenos de Taborda.


Tomamos a merenda cos nenos de Seixo 1 e, finalmente, chegou o xogo libre durante o que corremos por toda a zona. 




Comentarios

Entradas populares