TARDE DE CONTACONTOS!

Durante esta semana estanse a producir unhas sesións de contacontos na biblioteca do C.R.A. Aínda que estabamos algo cansos pola excursión ó río e o gran traballo na plantación, algúns d@s nen@s da  escola de Vilachán animáronse a escoitar os contacontos desta tarde.
Tiñamos como narradora á nai dunha das nenas da nosa escola e isto motivounos a todos a ir, para escoitala e pasar un bo momento xuntos. 


Moitas grazas pola túa participación nesta iniciativa e, grazas tamén, por acercarvos a escoitar a estas 2 excelentes contacontos!


Comentarios

Entradas populares