A SOLUCIÓN SEMPRE PODE SER A PATRULLA CANINA


Fai unhas semanas un feito fatídico rompeu a nosa rutina; vímonos rodeados de incendios. Ese día os nenos de Vilachán estiveron cunha profe que nos deixa abraiados. A profe Betlem trouxo a súa maleta e xogamos cos nosos nomes. Moitas grazas profe, encántanos que estés con nós na clase.


Os días seguintes, continuamos falando sobre o tema, tod@s eran conscientes de que “uns malos” puxeran lume para queimar casas, árbores… a primeira solución que se nos ocorreu foi “chamar a Patrulla Canina”. 
Para formar parte da iniciativa do C.R.A.  fixemos un debuxo entre todos. Entre outras propostas, @s nen@s, suxeriron “hacer un fuego  y poner ahí no lo hagas”, “poner una x al lado del fuego”, “pintar un árbol verde, rosa, violeta…” ó final cada un escolleu unha cor, pintamos un anaquiño da árbore e tamén nos debuxamos a tod@s nós collidos da man… mirade que ben quedou.

 Ese debuxo, xunto co dos nen@s das demais escolas, formou parte dun cartel que colgamos en diferentes lugares. Se vedes algún cartel coma o da imaxe de abaixo, recordade enviar unha foto do lugar no que estades ó correo do centro.

Comentarios

Entradas populares