ATENCIÓN, ATENCIÓN... QUE FOMOS DE EXCURSIÓN!

Este martes cambiamos toda a nosa rutina (por se non recordades, Iris convidounos á biblioteca e nós aceptamos encantados); pero a cousa non só quedou ahí...
Arrancamos motores no cole do Seixo. Na aula de Seixo 2 fixemos unha asamblea xigante e coñecemos ós nenos de Seixo 2, ós nenos de Forcadela e ós nenos de Aurora. Se pensades que estivemos así de tranquiliños todo o tempo, non vos asustedes; seguide vendo fotos, xa veredes...




Trala asamblea, a profe Rebeca ensinounos a facer dous bailes e despois subimos á biblioteca para ver a Iris... ó principio quixo enganarnos, e escondeuse de nós, pero pronto a atopamos. A profe Rebeca, ca axuda de Iris, contounos os días que podemos vir á biblioteca e, ademais, contounos un conto que nos deixou a todos ben caladiños...  ós nenos de Vilachán gustanlle moito os contos e a profe Rebeca cóntaos xenial. 


Despois da nosa visita, voltamos ó seixo 2 para tomar a merenda e... coñecer o patio do Seixo. Esta gran novidade cautivounos a todos, a eles encantoulles o patio e a súa roupa nin contarvos!



Pero a cousa non acabou aquí..aínda nos esperaban unhas cantas aventuras máis. Coñecemos algunhas das esculturas de Tomiño  como a obra de Liliya (na que tratamos de atopar o seu nome) e as esculturas da praza do concello.




Visitamos tamén o seu mercado (deste último encantounos a zona da pescadería, tocamos máis do que deberíamos a froita, coñecemos a cernicería, a panadería..e regalaronnos algo moi rico). 






















Comentarios

Entradas populares