UNHA GRAN VISITA CHEGA A VILACHÁN!
Fai unhas
semanas, recibimos unha visita que nos gustou moito. Veu a vernos a
nai de Vera; ela este ano xa non se atopa no cole, vai ó cole dos maiores.
A nai de Vera
trouxo para a nosa escola uns xoguetes que xa non utilizan e ós nenos
fixéronlle moita ilusión.
O luns pasado
estivémolos vendo de forma detida e descubrimos que podemos facer moitas cousas
con eles.
Dende a escola
queremos dar as grazas á familia de Vera por pensar en nós e compartir unha
parte importante dela.
Sabemos que os
primeiros momentos no cole novo son complicados porque temos que enfrontarnos a
moitas novidades e todo é descoñecido pero estamos seguros de que a Vera lle
vai ir moi ben. Para axudarlle a que
sexa un pouco máis sinxelo cada neno fíxo un debuxo para Vera e adicoulle unhas palabras. Tamén puxemos o seu nome utilizando o propio corpo.
Vera todos os nenos acórdanse moito de tí. Vide pronto a vernos, estamos agardándovos!
Comentarios