FROITOS DE OUTONO!

Neste outono coñecemos tamén diferentes froitos. Despois de traballar cas uvas (visitar entradas anteriores), chegaron as "castañas" ; algunhas viñan dentro de "erizos" pero pronto saíron del. Comprobamos que picaban moito e con "castañas" e imaxinación fixemos formas moi diferentes. Velaquí a proba.

H. decidiu facer un toro, R. fixo unha flor, P. e S. fixeron un corazón, N. fixo a letra A, X. fixo un círculo e Y. unha "oruga", L. fixo unha flor con folla incluída, M. unha letra que leva o seu nome (T) e P. un volcán. Aquí están en acción!


Outro día chegou algo que non nos era familiar... era redondo e houbo quen pensou que se trataba dun TOMATE. Probamos a olelo, pero non nos deu moita pista... cando a profe o abriu, comprobamos como era por dentro. Menuda sopresa, ó ver como era... Algúns decidiron probar a granada; houbo a quen lle gustou e quixo repetir, e quen non quedou con ganas de máis.

As "calabazas" coñecémolas co Samaín. Con elas chegou a primeira mestura de cores. Fixemos unha pequena "loita" de cores. Por parellas, un membro tiña o pincel "amarillo" e o outro tiña o pincel "rojo". Ambos tiñan que tratar de quitar da "calabaza" ó pincel do outro. Finalmente descubrimos que na mestura conseguimos a cor "naranja".



Grazas ás familias, tamén tivemos a oportunidade de experimentar co "maíz" na nosa aula. Gustoulles moito manipulalo e sobre todo.. desbullalo. Houbo quen non se deu por vencido ata que o carozo estaba totalmente vacío.



Desta forma fomos coñecendo algúns froitos do outono. Tamén aprendemos outros froitos cas nosas tarxetas de imaxes do outono e colocamos os froitos segundo eran froitos secos e froitos carnosos (a primeira vez que a profe dixo que había froitos secos e froitos... houbo quen se adiantou e comentou que "hay frutos secos y frutos mojados" (X.)).  

Estas experiencias tiveron lugar fai un par de semanas, pero onte decidiron encargarse dunhas espigas que quedaron na clase e pasaron un bo momento facendo comidiñas con elas (R. non se despegaba dese recuncho).


Comentarios

Entradas populares