UN ANIMAL UN TANTO ESPECIAL!

Boas a tod@s de novo!!

Estivemos tan ocupados este novembro, que nin tempo tivemos de compartir o que andabamos a facer. Para compensar, nestes días, mostrarémosvos algunhas das cousas que fixemos neste tempo.

Xunto co outono, viñeron uns animais moi simpáticos a vernos. Chegou unha "ardilla" que recolle "bellotas" cas mans e descubrimos ós "erizos" co conto  ¿Y mi sombrero? e cun conto audiovisual.

Investigamos no ordenador sobre os "erizos": vimos como nacen, como son de pequenos, que lles gusta comer insectos, descubrimos un "erizo" xoguetón cun rolo de papel hixiénico e outro moi divertido que daba voltas nunha bola...Ca axuda do ordenador tamén aprendemos a debuxar un "erizo". Mirade qué ben nos quedou!

Tamén fixemos "erizos" de pasta con sal, fariña e auga. Tivemos que contar con tapóns a cantidade de ingredientes necesarios, mesturámolos con moito xeito e fixemos unha boliña que se acabou convertendo nun "erizo" chulísimo. Como todos os grandes xenios, xa vedes que tamén tivemos algún despiste e a auga rematou na mesa.


Despois, cada un, pintamos os nosos erizos da cor que quixemos.

Para añadirlle púas tivemos que meter as mans na caixa sensorial e adiviñar qué contiña.


Quedaron moi simpáticos pero para ver o resultado final... teredes que agardar.

Comentarios

Entradas populares