UN MOMENTO, UN MOMENTO... AÍNDA QUEDA MÁIS
As merendas de Vilachán tamén se volveron terroríficas
(obtendo así algunhas das recompensas dos tratos). Aprendemos a facer pantasmas con queixo e
chocolate, fixemos unha escoba para bruxa Brunilda, decoramos un morcego… O
noso mellor aliado, o coitelo; e o mellor, poder comer cada personaxe.
Ademais, a mamá de Paula fixo galletas con formas terroríficas e trouxo para todos, Paula disfrutou compartíndoas e todos os demais coméndoas..
Porque outra cousa non, pero compartir, estamos aprendendo a compartir.. tanto é
así, que Xoel tamén compartiu a súa merenda esta semana, pero a mín, case non me deu
tempo nin a sacar a foto… acabouse nun abrir e pechar de ollos.
Moitas grazas familias por toda a vosa axuda.
Comentarios