DECORACIÓN INVERNAL!

O mes de decembro foi moi curto, pero iso non foi un impedimento para traballar e divertirnos ó grande. Nestes días estivemos ocupadísimos... Como estamos a traballar co triángulo, fixemos unhas estrelas moi chulas utilizando esta forma xeométrica.




Ademais tamén fixemos unhas bonitas guirnaldas. Pimeiro pintamos pratos cas nosas cores preferidas e añadimos papeis de seda ó seu redor. A cousa complicouse cando tivemos que repartir os pompóns, cada parella tiña que ter a mesma cantidade e da mesma cor... e todo esto sen axuda algunha da profe. Ó principio custou, pero logo creamos estratexias diferentes para conseguilo. 







Cando chegaron os calcetíns xa estaba todo controlado, primeiro fixemos series de cores cas lás e despois... a colocalas de forma totalmente libre, quedaron perfectos!



Comentarios

Entradas populares