CHEGOU O VENRES DE ENTROIDO!

O venres recibimos ás escolas de Carregal e de Taborda en Vilachán e todos xuntos recreamos o cadro das Meninas. Mirade qué guapos e guapas estabamos...






Aínda que o tempo non acompañou moito, e non puidemos facer o desfile por Tomiño a causa da chuvia, a media mañá saiu o sol polo que fixemos un desfile moi divertido por Vilachán. 






O mellor do percorrido foi chegar ó parque, e aínda que estaban un pouco mollados, subimos nos columpios e pasamos un bo momento.



 Dende Vilachán queremos agradecer a participación de todos os que nos acompañástedes durante o proceso desta celebración, e agradecemos tamén a colaboración de Yolanda (nai de Paula) quen fixo todas estas fotos tan bonitas que capturaron o ben que o pasamos. Moitas grazas!

Comentarios

Entradas populares