IMOS Ó PARQUE DE BOLAS!

Xusto antes de marchar de vacacións de semana santa, fixemos unha excursión moi desexada a Indiana Bill. O parque de bolas era algo moi comentado nas asembleas da aula polo que o pasamos xenial na excursión. 
Houbo quen entrou disparado para subir por todos os tobogáns pero, inclusive os máis arriscados, chamaron pola profe para subir "ó tobogán dos maiores". 




No parque de bolas xogamos (incluida a profe que non parou) a crocodilos, subimos e baixamos tobogáns, saltamos nas colchonetas inchables... aquí deixamos unha pequena mostra; non temos moitas fotos porque estivemos do máis entretidos.


Á volta estabamos tan cansos que, aínda que o autobús nos encanta, houbo quen se quedou durmido, quen fixo de coxín e permaneceu inmóbil para que o seu compañeiro non espertara, quen durmiu tan profundo que non quería sair do autobús, quen tiña tanta sede que pediu beber auga moitas veces ou quenes non deixaron de sorrir. 


Comentarios

Entradas populares