SAÍMOS DE EXCURSIÓN!

Fai uns días chegou, da man do noso encargado, un traballiño sobre unha das construcións históricas de Vilachán que forma parte do patrimonio do lugar.




Grazas a súa familia, coñecemos a "Capela de Sanomedio" e lemos toda a información que nos escribiron. No día de hoxe, decidimos coñecer o lugar en primeira persoa polo que fomos a visitar a capela.

Durante o camiño estivemos moi atentos ó ruído dos coches para deternos xuntos cando se aproximaban; ademais, tivemos tempo ata de recoñer a marca dalgún coche, saudar a membros da familia e coñecidos dalgúns nenos e, mesmo, houbo quen se asustou cun can.


Ó chegar á Capela estivemos vendo o alta que era e fixámonos na súa fachada. Lemos de novo a información do traballo do encargado e coñecemos a data na que foi construída e o procedemento que se segue para que soe a campá. 

Despois dunha pequena parada para retomar forzas e beber, voltamos de novo para a nosa clase, pero antes decidimos parar un tempo a xogar no parque preto da escola pois aínda tiñamos forzas dabondo. Fixemos unha "fogueira" con paus no tobogán, subimos alto na randeeira ("columpio"), fixemos a comida na mesa, cortamos con "coitelos" o rabo das froitas e fixemos unha pequena merenda no parque (esta última con comida de verdade).






























Neste día extrañamos moito a un dos compañeiros de Vilachán que non puido vir connosco. O tempo dos días pasados fixo que tivésemos que saír hoxe... mais, non pasa nada xa que prometemos voltar de excursión (para visitar o patrimonio que nos amosou outra nena) e, ese día pasaremos pola capela para ensinarlla. 

Despedímonos dando as grazas á familia de quen nos amosou a Capela e ó profe Dani por facer esta excursión con nós e quedar un pouco máis de tempo para que xogásemos no parque.

Comentarios

Entradas populares