COÑECEMOS A "ANTÓN COMODÓN".

O xoves voltamos de excursión. Nesta ocasión fomos ver unha obra de teatro que nos deixou marabillados a todos; pero vaiamos por partes. Saímos do campo do Alivio, lugar ata o que nos levaron as familias. A nai dunha das nosas compañeiras fíxonos estas fotos tan chulas de camiño ó bus (ímola nomear como a nosa fotógrafa de Vilachán).


A viaxe no autobús foi moi agradable pois, en Vilachán, o autobús gústanos a todos. Tivemos tempo para cantar, amosar casas coñecidas, falar entre nós... iamos ata Vigo e aínda hai unha tiradiña.

Cando chegamos, fomos xogar ó parque de "Castrelos"; alí tirámonos en tirolina, subimos redes, columpios, tobogáns...no parque tamén tomamos a merenda e, durante unha visita ó baño, investigamos se caía a auga por unha billa que estaba debaixo do lavabo.



Tras unha pequena viaxe en autobús, chegamos ó lugar no que veríamos a obra de teatro "Antón Comodón". Todos estivemos moi atentos á historia de Antón, quen se acostumou a que Nicolás fixera todo por él, polo que non sabía facer nada só. Os problemas desta historia comezan cando marcha Nicolás...


Trala obra, montamos en autobús para voltar ó campo do Alivio, mais... houbo quen estaba tan cansa que pasou o camiño de volta durmindo no autobús e non se enterou de nada. 
Dende aquí queremos agradecer a compañía do profe Antón nesta excursión.



Comentarios

Entradas populares