IMOS Á BIBLIOTECA DE VILACHÁN!

Hoxe, 23 de abril, festéxase o día do libro e, en Vilachán levamos tempo esperándoo pois tod@s saben que á profe encántanlle os contos... Que mellor maneira de festexar este día que acudindo a unha biblioteca. Por sorte, en Vilachán, temos unha biblioteca fermosa polo que, hoxe, fixemos a nosa primeira visita.

Cando chegamos á biblioteca, estaban alí os seus responsables e, moi amablemente, deixáronnos investigar todo o que teñen na biblioteca, preocupándose que de estiveramos ben. 
Nun primeiro momento miramos algúns contos e tamén probamos algúns xogos. A biblioteca é moi grande e teñen un montón de cousas; tanto para cativos como para maiores.





Despois, a profe Cristina contounos un conto cunha folla de papel dobrada. A profe leuno tantas veces, que o sabía de memoria... Estivemos moi atentos pois, na folla, aparecían diferentes animais.


Para rematar a visita, a profe Betlem contounos un conto moi divertido. Para escoitalo tivemos que encher as mans de polviños máxicos e puidemos participar todos no conto dun monstruo moi simpático.



Ademais, á biblioteca chegou uns dos nenos que se vai incorporar o ano que vén a nosa escola, e todos tivemos oportunidade de pasar un ratiño con el. Estamos encantados de coñecerte e esperamos verte de novo moi pronto!

Trala visita na biblioteca, detivémonos no parque e, alí, xogamos e tomamos a merenda.



Foi unha saída moi entretida, que nos gustou moito e nos deixou bos momentos. Grazas profe Betlem por acompañarnos sempre e grazas @s membros da biblioteca de Vilachán polo bo trato, por convidarnos a volver e polo agasallo que nos fixéstedes. 
@s nen@s quedaron encantados con esta nova adquisición; recoñezo que a foto cos contos na cara foi feita de maneira intencionada (posando), pero despois decidiron (pola súa conta) empezar a comentar os contos, e "ler" un pouco entre eles. Ese é o maior agasallo que puiden recibir neste día. GRAZAS A TOD@S POR FACER QUE SEXA POSIBLE!.

































Comentarios

Entradas populares