VISITAMOS A AULA DE SEIXO 1!

O venres estivemos na aula de seixo 1; xa escoitaramos falar da súa profe e tamén estiveramos cos nenos e nenas de seixo 1 no río da Pedra. Todos foron moi simpáticos con nós e ademais deixáronnos xogar con todo o que tiñan. 
En Vilachán, gústanos facer largas carreteras con plastilina polo que, foi o xogo por excelencia nun primeiro momento aínda que, houbo quen preferiu xogar cos coches e quen foi cambiando ó xogo simbólico, construcións... Ademais atoparon números na plastilina e ata nas paredes.





Despois de bailar un pouquiño e coñecer unhas cancións moi chulas, tomamos a merenda. Como sempre que visitamos o Seixo, o seu patio cautívanos e, nesta ocasión, non foi menos. Que llo digan a nosa roupa, era o mellor reflexo de todo o que xogamos. 



Moitas grazas por invitarnos a pasar o día, pasámolo en grande. Agardámosvos en Vilachán moi pronto!

Comentarios

Entradas populares