PREPARAMOS O HORTO!

Esta semana chegou o profe Noé para axudarnos co noso horto. Encargouse de todo e escolleu algunhas verduras para poñer en marcha a horta de Vilachán. 

Mentres a profe axudaba a uns poucos a colocar as botas de auga para saír a plantar, el preparouno todo. Despois de facer os regos, o profe ensinounos como colocar os repolos. Cada nen@ foi colocando un no rego e tapándoo cunha pouca terra.



Despois do repolo, chegoulle o tempo ós allos; nós pensabamos que se trataba de cebolas porque o ano anterior puxeramos cebolas no horto e teñen tallos similares. 


Finalmente sementamos guisantes colocando as sementes en diferentes puntos do rego e espallamos algunhas sementes de grelos noutro rego. Houbo quen, a metade de camiño, decidiu adicarse á procura de pequenos insectos e mesmo foi á clase a pola lupa. 



Pasamos un momento moi divertido no que tod@s participamos; agradecemos moito a axuda do profe Noé pois á profe fáltalle experiencia e houbese tardado moito máis cuns resultados non tan satisfactorios. Moitísimas grazas pola axuda!!

Comentarios

Entradas populares