UNHA OPORTUNIDADE: SOS TOMIÑO

Neste trimestre tamén tivemos a oportunidade de participar nalgunha das iniciativas de SOS TOMIÑO. A asociación proponnos cada ano que mestres e familias colaboremos para "Darlle de amorzar a outr@ nen@".

Entre tod@s obtivemos unha boa cantidade de leite e cacao. Nesta ocasión, decidimos facer reconto e colocar o leite e o cacao en paquetiños de 10 para entregarllo á responsable da iniciativa cando veu a visitarnos á escola.




Aproveito esta ocasión para animarvos a participar a tod@s @s que nos ledes en iniciativas como estas. É preciso aprender a valorar todo o que temos o noso alcance; co ritmo frenético que levamos, en moitas ocasións, esquecemos que hai persoas o noso redor que contan con menos oportunidades das que lles corresponden. 



Comentarios

Entradas populares