COÑECEMOS O NOSO CONTORNO!

Durante este primeiro trimestre tamén tivemos a oportunidade de coñecer algúns lugares da contorna e, sobretodo, de pasalo ben con outras nenas e nenos do C.R.A.

Comezamos outubro cunha visita por Tomiño. Neste día empezamos bailando na clase de Seixo 2 e visitamos a biblioteca do cole. Durante esta visita a profe Rebeca contounos un conto "mariño" moi intrigante que nos mantivo en alerta a tod@s.

Despois de escoller un conto para levar a casa, merendamos ó aire libre e tivemos tempo para xogar no patio do Seixo (o cal nos encanta). Ademais disto, aproveitamos a ocasión para visitar o mercado de Tomiño; no que coñecemos diferentes produtos e onde disfrutamos buscando algunhas especies da peixaría.


En novembro, a profe Maribel invitounos a visitar Barro. Pasámolo xenial neste día no que aprendemos a facer unhas ricas pizzas que posteriormente comemos. Tamén nos visitou a nai dunha das nenas de Barro que é peiteadora e deixounos ben guapos, pero sobre todo, pasámolo xenial ca compaña das persoíñas que coñecemos en Barro que son encantadores. Grazas pola invitación!


Finalmente, antes de rematar o trimestre, visitamos a escola de Vilameán para facer a convivencia trimestral de Crearte. Nesta ocasión convivimos cas nenas e nenos de Taborda e Vilameán e fixemos diferentes talleres: modelamos con barro, diseñamos e decoramos táboas e creamos disfraces de sereas e piratas cos que fixemos unha divertida dramatización.



Comentarios

Entradas populares